Día 1 – 21 Días co Galego e máis dende as catro provincias


Ao longo de 21 días, aquí atoparedes propostas diversas para vos achegar ao galego e á súa cultura.

Os contidos que se vos ofrecerán son realizados polo alumnado de cada un dos catro centros de ensino participantes que nos envían un vídeo de presentación para que os coñezamos. Por orde alfabética son os seguintes:

 

IES Antón Alonso Ríos de Tomiño

IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos

 

IES Otero Pedrayo de Ourense

 

IES Pontepedriña de Santiago de Compostela

______________________________________

REFLEXIÓN 1

Hoxe tócache realizar a túa primeira gravación de reflexión.

Lembra que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final do día, o que realmente importa é a túa sinceridade e capacidade de análise. Non necesitamos que nos contes o marabilloso que é o galego, xa o sabemos!

  • Que che parece a proposta dos 21 Días co Galego e máis?
  • Cres que che será moi fácil, moi difícil?
  • Veste capaz de chegar a falar 24 horas en galego dende o primeiro día?
  • Cres que o lograrás antes do último día?
  • Que reaccións percibiches entre o resto da túa clase ou na casa?
  • Que usos fas ti habitualmente do galego?
  • Que pasos deches xa hoxe para seguir a proposta?
  • Pensas ampliar progresivamente os usos ou intentas xa falar galego sempre?
  • En que ámbitos (escola, amizade, familia, lecer…) ou con que tipo de persoas cres/sabes que che custará máis?