Día 7 – Galego en familia

A entrada de hoxe contén dúas propostas para xogar coas familias que nos chegan dende o IES Francisco Daviña Rey e dende o IES Pontepedriña. Esperamos que vos gusten.

 

REFLEXIÓN 3

Hoxe tócache realizar a túa terceira gravación de reflexión.

Recorda que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final do día, o que realmente importa é a túa sinceridade e capacidade de análise.

Xa levas unha semana de proxecto!

  • Como che foi nestes últimos días?
  • Como valoras a túa participación nesta primeira semana?
  • Que che pareceron as dúas tarefas desta semana?
  • Cales van ser os teus propósitos de mellora?

Que a afouteza do galego te acompañe!

Etiquetas