Día 12 – As festas tradicionais na actualidade

O deseño desta xornada dos 21 Días co Galego e + correu a cargo do IES Francisco Daviña Rey.

Moitos son os vestixios do pasado que están vivos nas nosas tradicións, costumes, crenzas ounos festexos actuais. Son retallos procedentes, na súa maioría,  da vida que levaban os pobos que se asentaron en Galicia tanto antes da chegada dos romanos como posteriormente. Unha das celebracións máis vinculadas co pasado e que conta con grande aceptación popular é a do Entroido: máscaras, bailes, ditos, cantigas, gastronomía e parodia mestúranse nun ambiente festivo.

Na zona sur de Lugo, un dos feitos claves do Entroido é o Oso de Salcedo. Oístes falar del? Alguén se atreve a ilo buscar? Alumnas do IES Daviña Rey, intrépidas elas de certo, achegáronse a esta aldea luguesa para presentarnos o OSO. Afortunadamente, regresaron sas e salvas! E moi satisfeitas pois é a primeira vez que o Oso sae da súa oseira PARA QUE O ENTREVISTEN!!!

É hora de demostrar o que sabedes. Resolvede o seguinte Pasagalego. Ao mellor preferides agardar e ver antes de resolvelo o resto dos vídeos sobre o Entroido.

 

De seguro que vos encanta o Entroido! Queredes saber máis sobre el? Podedes ver algún dos seguintes vídeos: orixes e significado do Entroido, o calendario ou as máscaras. Vaivos vir ben para resolver o Pasagalego!

 

 

Tarefa 5

E agora imos ver cal é a tarefa de hoxe.