Día 12 – IES Ramón Cabanillas / Xeografías lectoras

O INSTITUTO

Hoxe levámoste á biblioteca do IES Ramón Cabanillas de Cambados que che amosará as súas xeografías lectoras.

Se queres seguir viaxando por bibliotecas, convidámoste a que leas o  artigo As 20 bibliotecas mais impressionantes do mundo” no que poderás comprobar como galego che serve para entenderes perfectamente unha publicación brasileira namentres gozas desas construcións cheas de libros.

A Biblioteca de Galicia en Santiago de Compostela é un exemplo singular dentro das nosas bibliotecas que paga a pena visitar en calquera ocasión.

 

Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da USC.

FALAMOS
Cóntanos, que é para ti unha biblioteca?

Tes na túa casa algún moble dedicado aos teus libros?

Cal é o teu lugar favorito para leres?

____________

 

DÍGOCHO EU!
Esther segue axudándonos a pronunciar mellor e dános dous trucos para pronunciar ben o n velar.

 

E para que poidas andar cun galego de luxo pola cociña, traémosche tres vídeos de nivel pro sobre o vocabulario deste espazo da casa.