Día 19 / IES Ramón Cabanillas – Proxecto Cambados 21. Vento nas velas!

O INSTITUTO

No IES Ramón Cabanillas fixeron dos 21 Días co Galego e + o seu proxecto de centro baixo o título Proxecto Cambados 21. Vento nas velas! Neste vídeo preséntannos como foi o seu desenvolvemento  ao longo destes meses de traballo.

 

Ou emigrabamos ou coidabamos do noso

E , xa que andamos polas terras de Cambados, imos aproveitar para coñecer a Victoria Laranja, un exemplo desas mulleres que quixeron emprender en Galicia a través da unión e o compromiso cunha das nosas maiores fontes de riqueza, o mar. Ou emigrabamos ou coidabamos do noso é un documental da serie Arrieiros somos, dirixida por Rubén Riós.

 

FALAMOS

Cal cres ti que vai ser a túa profesión? Cres que vas ter unha ou máis? Como te ves dentro de trinta anos? Cóntanos como imaxinas o teu futuro.

 

DÍGOCHO EU!

Esther Estévez hoxe tráenos dúas entregas de palabras conflitivas.