Día 20 – IES Sánchez Cantón / Helena Villar Janeiro. Poesía mínima

O INSTITUTO

No IES Sánchez Cantón de Pontevedra realizaron este traballo para presentarnos a escritora Helena Villar Janeiro e a súa obra Poesía mínima.

MUVI

Hoxe querémosche propoñer un paseo virtual por un museo moi especial, o MUVI, o Museo do Videoxogo de Cangas e, máis concretamente, pola exposición As mulleres detrás dos videoxogos.

FALAMOS

E a ti vaiche o mundo dos videoxogos? Que te atrae máis deles? Cóntanos cales son os teus preferidos e por que.

Se non che vai esta forma de lecer, cóntanos como che gusta a ti pasar o tempo libre.

 

DÍGOCHO EU!

Hoxe Esther Estévez tráenos palabras nivel pro sobre peixe.

Para este sábado, a penúltima entrega do máis viral do TikTok do Dígocho eu!