PUBLICACIÓN REALIZADA NO MARCO DO PROXECTO AQUALITRANS: CARACTERIZACIÓN ENERXÉTICA DE 173 EDAR DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL

O Instituto Tecnolóxico de Galicia, en calidade de beneficiario do Proxecto AQUALITRANS, aprobado no marco do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2014-2020, realizou a publicación do estudo de caracterización enerxética de 173 EDAR de Galicia e Norte de Portugal.

Pódese consultar a publicación completa a través do seguinte link:

https://www.dinamotecnica.es/2019/05/caracterizacion-energetica-de-173-edar-de-galicia.html

Na publicación exponse o traballo realizado no marco do proxecto Aqualitrans relativo á análise de 173 EDAR de Galicia e Norte de Portugal, con obxecto de comparalas enerxéticamente a través de indicadores, e posteriormente actuar sobre aquelas EDAR que mostran un uso deficiente da enerxía.

Número de EDAR analizadas clasificadas por rango de número de h.e. de deseño

En primeiro lugar explícase de onde partiu a orixe dos datos, recorrendo á facturación mensual, á recompilación de datos dos Scada das plantas e á recompilación de datos das analíticas periódicas.

Creáronse subgrupos das EDAR Avaliadas, un primeiro subgrupo de 173 EDAR incluíndo a totalidade da mostra, posteriormente analizouse un segundo subgrupo de EDAR incluíndo 29 EDAR das que se obtivo información complementaria sobre a potencia instalada de todos os equipos, tanto en servizo como en reserva, e nun subgrupo máis reducido de 10 EDAR realizáronse visitas a planta para a toma de medidas con analizador de redes en diferentes procesos, e ademais recompilouse información específica in situ, o cal permitiu a creación de indicadores parciais máis detallados.

Imaxe do traballo de campo realizado.

Resumo de resultados:

Os datos recompilados foron analizados, filtrados e tratados para a elaboración dun completo estudo de caracterización. A tendencia xeral dos indicadores analizados é de diminuír o seu valor canto maior é o número de habitantes equivalentes tratados polas EDAR.

A partir da análise realizada, pódese estimar o potencial de mellora existente para cada EDAR, analizando o lonxe que está o seu consumo do consumo mínimo dentro do seu grupo.

Para a estimación foi importante ter en conta todos os indicadores, para deste xeito minimizar a variabilidade que os diferentes contaminantes ocasionan nos cocientes analizados.

Ferramenta GIS:

Toda a información recompilada no estudo foi envorcada a unha plataforma GIS na que o usuario pode acceder aos datos individuais de cada EDAR, comparar diferentes plantas e mesmo analizar a evolución de indicadores por agrupacións de EDAR. Todo iso con visualizacións gráficas e xeográficas. Dita ferramenta atópase dispoñible na web (http://aqualitrans.itg.es/).

Imaxe do Caudal de auga tratada e consumo eléctrico para diferentes EDAR ordenadas segundo número de h.e. r.