XORNADAS CAPACITACIÓN TÉCNICA AQUALITRANS

05. Novembro 2019
XORNADAS CAPACITACIÓN TÉCNICA AQUALITRANS
O proxecto AQUALITRANS aborda os últimos traballos da actividade 4 coas xornadas de capacitación técnica para profesionais. O obxectivo das xornadas é potenciar a cualificación técnica do capital humano relacionado coa xestión e operación de estacións depuradoras de augas residuais na Eurorrexión impartindo formación coas leccións aprendidas durante o desenvolvemento do proxecto AQUALITRANS. Preténdese mellorar ...

PUBLICACIÓN REALIZADA NO MARCO DO PROXECTO AQUALITRANS: CARACTERIZACIÓN ENERXÉTICA DE 173 EDAR DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL

03. Novembro 2019
PUBLICACIÓN REALIZADA NO MARCO DO PROXECTO AQUALITRANS:  CARACTERIZACIÓN ENERXÉTICA DE 173 EDAR DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL
O Instituto Tecnolóxico de Galicia, en calidade de beneficiario do Proxecto AQUALITRANS, aprobado no marco do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2014-2020, realizou a publicación do estudo de caracterización enerxética de 173 EDAR de Galicia e Norte de Portugal. Pódese consultar a publicación completa a través do seguinte link: https://www.dinamotecnica.es/2019/05/caracterizacion-energetica-de-173-edar-de-galicia.html Na publicación exponse o ...

Os socios do proxecto AQUALITRANS comparten os avances acadados para a eficiencia enerxética das EDAR

06. Xuño 2019
Os socios del proxecto AQUALITRANS reuníronse o pasado mércores 22 de maio en Vigo para avaliar os avances acadados en cada unha das accións do proxecto. AQUALITRANS ten como obxectivo crear un modelo enerxético máis eficiente e sustentable para as EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais). Neste proxecto de ámbito transfronteirizo traballan entidades de Galicia ...

Galicia e Portugal implantarán plans de mellora da eficiencia enerxética en 6 EDARs no marco do proxecto AQUALITRANS

27. Setembro 2018
Galicia e Portugal implantarán plans de mellora da eficiencia enerxética en 6  EDARs no marco do proxecto  AQUALITRANS
Os socios do proxecto AQUALITRANS presentaron hoxe en Ares os primeiros resultados desta iniciativa que ten como obxectivo mellorar a eficiencia enerxética do proceso de depuración nas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR). O proxecto AQUALITRANS. Sistema de Xestión e Control para a mellora da eficiencia na depuración e a calidade ambiental de augas a ...

Xornada de presentación de resultados do proxecto AQUALITRANS

21. Setembro 2018
O vindeiro mércores 26 de setembro terá lugar a xornada na que os socios do proxecto AQUALITRANS presentarán os resultados do traballo.. O encontro terá lugar na EDAR de Punta Avarenta, Ares, onde se reunirán os técnicos e membros das entidades socias do proxecto. O inicio da xornada está previsto para as 10:30 horas cunha ...

Guía de solucións tecnolóxicas para a eficiencia das EDAR

05. Xuño 2018
Dentro da fase 1 do proxecto AQUALITRANS inclúese a Guía de solucións tecnolóxicas para a eficiencia das EDAR. Este manual ten como obxectivo incorporar o coñecemento tecnolóxico existente en materia de xestión e operación eficiente en EDAR que demostrasen ser eficaces. Neste documento realizouse un importante traballo consistente en recompilar, analizar e identificar aquelas solucións ...