Os retos e as oportunidades da Intelixencia Artificial (IA)

A intelixencia artificial (IA) é a intelixencia desenvolta polas máquinas formadas por unha combinación de algoritmos que permitan a esa máquina amosar unhas capacidades similares aos humanos. Pode parecer que é unha tecnoloxía moi futurista, moi técnica e afastada da educación pero que agora mesmo está moi presente nas nosas vidas e poden enriquecer a nosa profesión no eido docente.

Stuart Russell e Peter Norvig, investigadores expertos neste tipo de tecnoloxías fan unha clasificación da intelixencia artificial en 4 grandes grupos:

1.Sistemas que pensan como humanos. Son as redes neuronais artificiais que son capaces de automatizar actividades. Un exemplo sería realizar de xeito automático a resolución de problemas e propostas de aprendizaxe.

2.Sistemas que actúan como humanos. Os ordenadores e os robots poden simular tarefas desenvoltas polos humanos.

3.Sistemas que pensan racionalmente. A máquina emula o pensamento lóxico sendo moi interesante ter a posibilidade de percibir estímulos e actuar posteriormente.

4.Sistemas que actúan racionalmente. Os axentes intelixentes tentan simular un comportamento das persoas e actuar coma eles.

As tecnoloxías relacionadas coa IA poden axudar no eido educativo abrindo novas oportunidades empregando datos para a evolución do sistema tanto na calidade deste sistema coma na promoción real da igualdade de xénero, todo isto dentro dos plans de estudo enfocados á mellora dos resultados de aprendizaxe.

Noutro eixo temos os desafíos e as repercusións ao introducir a IA na educación incluíndo a preparación dos docentes e dos estudantes:

1.Desenvolver unha visión integral das políticas públicas en materia de IA ao servizo do desenvolvemento sostible: cómpre un traballo conxunto das políticas públicas focalizando a súa mirada na creación dun ecosistema IA no plano nacional e internacional ao servizo do desenvolvemento sostible.

2.Garantir a utilización equitativa e inclusiva da IA na educación: as carencias tecnolóxicas básicas deben ser superadas para crear as condicións mínimas que permitan aplicar novas estratexias para sacar proveito da IA con miras a mellorar a aprendizaxe.

3.Preparar aos docentes para unha educación dirixida pola IA: onde sexan quen de adquirir novas capacidades dixitais usando a IA de forma didáctica e pertinente nas contornas educativas e tamén priorizar e automatizar a xestión educativa.

4.Reforzar as investigacións sobre a IA na educación: implicando aos axentes educativos nos centros educativos (primaria, secundaria, bacharelato, fp, idiomas etc.) conectando coa estrutura da universidade e a empresa.

5.Tomar en consideración as cuestións éticas e de transparencia na recompilación, a utilización e a difusión dos datos: sobre todo no relativo ao acceso ao sistema educativo, as recomendacións individuais para o alumnado e o tratamento, a custodia e a confidencilidade dos datos persois.

 

Bibliografia recomendada.