Felices festas dende Aula Nova

O equipo de traballo de Aula Nova deséxalles un bo nadal e un vindeiro ano 2021 cheo de proxectos maker. Aquí vai a nosa felicitación 3D e os nosos mellores desexos para seguir aprendendo xuntos.

E agora imos compartir coñecemento porque podes crear un agasallo 3D de xeito sinxelo e deixar o teu mensaxe para estes días tan especiais.

Para crear a tipografía tes que visitar a páxina de Fontmeme, alí podes escoller entre centos de modelos tipográficos, nós empregamos neste carteliño, as fontes caligráficas Bold Stylish Calligraphy. Os pasos que hai que seguir serían os seguintes:

  1. Introduce o teu texto que ides crear.
  2. Escolle a fonte.
  3. Seleciona o tamaño.
  4. A cor mellor negra.
  5. Xera o teu texto

Para telo no teu equipo preme no botón da dereita do teu rato e descárgao como “Gardar imaxe como”. Para poder unir as palabras e que quede un cartel xeitoso fixemos dous modelos por separado: un para “felices” e outro para “festas” e descargámolos independentemente tendo dúas imaxes.

O seguinte paso é converter ese formato de imaxe png a un formato de imaxe vectorial svg. Unha maneira sinxela de facelo é empregando un convertidor na rede como Convert.io.

Unha vez descargados tes que subilos a Tinkercad, neste programiña fas unha importación dos dous modelos e logos os unes para ter unha impresión perfecta.

Exporta o modelo a stl e logo, empregando o teu laminador favorito como pode ser Cura,  e convirte o arquivo stl a un arquivo gcode, lembra configurar o teu laminador coas preferencias de impresión da túa máquina. Neste modelo é aconsellable extremar a adhesión a base quente.

Xa tes o teu cartel para o Nadal! Agora podes imprimir algún modelo de folerpa de neve para completar o escenario.

Felices impresións!