Con outra ollada: Olladas caleidoscópicas

05. Febreiro 2021 Formación/Eventos

Olladas  caleidoscópicas é unha actividade formativa promovida por un equipo interdisciplinar de CAFI Galicia formado por tres departamentos: Innovación, Linguas e Aula Nova. Esta actividade conxunta ten carácter investigador e pretende introducir a co-creación grupal nunha contorna virtual de traballo.

O obxectivo final desta actividade é desenvolver unha secuencia de traballo guiada, pero totalmente flexible, ao longo de 5 sesións na rede de 3 horas de duración cada unha para 30 docentes inquedos. Cada unha delas comeza con con un C de caleidoscopio (Conectar, Concibir, Crear, Compartir e Comunicar) e nelas os actores principais son os docentes que están agrupados en 6 equipos multidisciplinares que tentarán dar solución a estes tres importantes retos da realidade docente en Galicia:

Reto 1.Como levar a cabo proxectos multidisciplinares?

Reto 2.Como dar feedback efectivo?

Reto 3.Como converter a avaliación nunha oportunidade de aprendizaxe

O proceso de creación grupal non está só xa que en cada sesión o equipo de facilitación inspira, alenta, acompaña, apoia, guía e dá solucións ás posibles dúbidas que xorden en cada unha das etapas.

Os tres piares sobre os que se sustenta esta actividade son:

  • A colaboración entre pares para a  cocreación de materiais, produtos e prototipos.
  • A importancia do desenvolvemento do proceso e a aprendizaxe grupal integrada fronte á valoración exclusiva ou única do resultado final, este importa pero non é a parte máis importante.

  • A recepción  contínua de  feedback: dos compoñentes do grupo, dos outros grupos e da facilitación do proceso.

O equipo de traballo está formado por catro asesoras: Diana Pastoriza, Saleta González, Alicia Eizaguirre e Conchi Fernández, dúas delas participaron nunha actividade previa, La escuela lo primero da Fundación  Cotec, onde experimentaron en primeira persoa a secuencia creativa e que lles serviu de base formativa e inspiradora para logo posibilitar unha adaptación e un desenvolvemento dunha versión máis compacta do proceso observado.

Ás sesións incorporáronse observadores externos, procedentes de varios ámbitos relacionados coa educación: docentes interesados, asesorías educativas e tecnolóxicas e prensa especializada que participaron en varias etapas e que proporcionan outra visión moi valiosa, máis obxectiva, do desenvolvemento, evolución e traballo dos grupos de docentes.

 

Podes revisar estas publicacións para ter máis información do proceso: