Cansat 2022

CanSat é unha iniciativa da Axencia Espacial Europea que desafía a estudantes de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco. O gran desafío para eles é adaptar todos os subsistemas principais que se atopan nun satélite, como a fonte de enerxía, os sensores e os sistemas de comunicación, no volume e a forma dunha lata de refrescos, un espazo moi pequeno.

Logo, o CanSat é lanzado por un foguete ata unha altitude de aproximadamente un quilómetro, ou se deixa caer desde unha plataforma, un dron. Entón comeza a súa misión. Durante a caída realízase un experimento científico e / ou unha demostración tecnolóxica, lograr unha aterraxe segura e analizar os datos recompilados.

Nesta experiencia o alumnado desenvolverá dúas misións recollidas nestas bases. Estas son as fases da competición:
  • Fase 1 – Imaxina o tu CanSat: Inscricións
  • Fase 2 – Constrúe teu CanSat: Misión primaria y secundaria
  • Fase 3 – Lanza o teu CanSat – Competición Rexional (Galicia)
  • Fase 4 – Lanza o teu CanSat – Competición Nacional
  • Fase 5 – Competición Europea

A inscrición está aberta a equipos coas seguintes condicións:

  • Cada equipo de estudantes deberá estar formado por un mínimo de 4  e un máximo de 6 estudantes (de entre 14 e 19 anos) residentes nun estado membro ou nun estado asociado da ESA, sempre que cumpran un dos seguintes requisitos:
    • Ser un equipo formado por estudantes matriculados nun curso completo dun centro de ensino secundario.
    • Ser un equipo formado por estudantes escolarizados en casa (con certificación do ministerio nacional de educación ou unha autoridade delegada).
    • Ser un equipo de membros dunha asociación (vinculados a espazos maker ou museos de ciencia, planetarios etc.) matriculados nun curso completo dun centro de ensino secundario.
  • Polo menos o 50% dos estudantes que conformen cada equipo deberá ter a nacionalidade dun estado membro ou asociado da ESA.
  • Os estudantes universitarios ou de formación superior non poderán participar neste concurso.
  • Cada equipo deberá estar supervisado por un docente ou mentor/a ( Team Leader) que se encargará de seguir a evolución técnica do equipo, de axudar e asesorar, ademais de actuar como persoa de contacto entre o equipo e a Oficina de Educación da ESA en España ( ESERO Spain). Este docente responsable deberá estar dispoñible para acompañar ao equipo á campaña de lanzamento do concurso.
  • Se o centro de ensino necesita que o alumnado vaia acompañado por máis dun docente ou mentor, o equipo participante deberá presentar probas fidedignas diso. Con todo, a cantidade total de participantes non debe exceder de sete persoas.

Neste vídeo tes resumida a experiencia do equipo galego BujanSAT, campión nacional no curso 2021 e premio europeo á mellor difusión:

Tamén podes revisar o vídeo da xornada de lanzamento na fase rexional en Galicia 2021.

E o vídeo da presentación de resultados e o final da fase rexional.

Participa co teu alumnado nunha experiencia STEAM única, toda a información da inscrición podes atopala nesta ligazón e nesta outra moito máis do proxecto Cansat.

Etiquetas

,