Design FILS

O CAFI está inmerso nun proxecto de innovación de ambientes de aprendizaxe do futuro titulado Design FILS e coordinado pola Dirección Xeral de Innovación e Tecnoloxías educativas de Turquía. Nel participan socios de 6 nacionalidades diferentes: Bélxica, Austria, República Checa, Portugal, Turquía e España.

O proxecto comezou no 2019, adaptouse durante á Covid ao traballo 100% virtual, transformando as reunións presenciais en sesións de formación en directo dentro do curso piloto e en encontros vía Zoom. Se o contexto sanitario o permite, en xuño deste ano teremos unha conferencia internacional no país do socio coordinador, Turquía, en concreto na cidade de Estambul, onde difundiranse os logros acadados e teremos unha última reunión presencial de xestión. Está previsto que remate en agosto do próximo ano 2022.

En Design Fils propoñemos partir dun deseño espacial innovador e dun uso integrado da tecnoloxía para lograr implementar nos nosos centros pedagoxías innovadoras e multidisciplinarias que permitan ao noso alumnado adquirir as competencias do século XXI. 

Para iso creáronse cinco produtos: 

  • Marco metodolóxico para as formacións de aula innovadoras en forma de guía.
  • Guía de formación para formadores de profesorado
  • Ferramenta de avaliación da formación
  • Actividades de aprendizaxe baseadas en escenarios
  • Plataforma de formación en liña en Moodle con 5 módulos e unha duración estimada de 30 horas.O curso trata da creación e adaptación de espazos de aprendizaxe do futuro nun contexto pedagóxico innovador e reforzado pola tecnoloxía.

 

No trailer tedes información xeral inspirado na estética dos «Men in black» (preme na imaxe).

 

Para coñecer o proxecto elaboramos un breakout onde poderás visualizar as pílulas de vídeo: que, como, cando e para que e xogar atopando as chaves que abrirán os 4 cancelos finais (preme na imaxe).

 

Podes explorar esta imaxe interactiva con máis información sobre os 5 outputs (preme na imaxe).

 

Agora mesmo estamos rematando o curso virtual en Moodle que forma parte das accións no Output 5 onde formaremos aos formadores da seguinte quenda. Esta é a nosa playlist en Youtube onde temos recollidas todas as pílulas, incorporaremos unha nova sobre as Live session que desenvolvimos en novembro con profes galegos e expertos en educación.

Quedamos a vosa disposición para ter máis información do proxecto.

Axencia FILS (Saleta, Esperanza, Benito e Conchi)