Quen busca, atopa modelos 3D.

Unha vez que inicias o camiño na impresión 3D queres sacarlle máis partido a túa impresoa 3D ou a do teu centro o espazo creativo.

Cando comezamos na impresión podemos quedar atónitos horas e horas vendo como a máquina extrúe o filamento, seguramente lembras a túa primera impresión e a emoción de comprobar como aquel churriño saía pola boquiña da máquina e formaba as primeiras capas. E logo, de modo paseniño, capa a capa, milímetro a milímetro, va dando forma as nosas primeiras creacións.
imaxe impresora.

Normalmente facemos uso de modelos xa creados por varios motivos:
-O primeiro é que é maís sinxelo achegarse ao mundo da impresión con modelos xa testeados e probados, ao mellor temos que escalalos ou facer pequenas modificacións pero é ben dodado ter unha boa peza.

-Estes modelos tamén sirvenos para ir coñecendo pouco a pouco as características técnicas da nosa impresora e ir modificando os parámetros do laminado para optimizar os tempos de impresión e as calidades das pezas.

-Outra boa cualidade destes modelos é que os seus creadores compártenos de balde coa comunidade interesada é que permiten a súa modificación para engadir ou transformalos noutros novos modelos.

Para ter un bo fondo de armario recollimos os mellores repositorios de modelos 3D para impresión 3D neste recopolitario. Preme na imaxe e logo preme en cada un deles para exploralos, tamén podes achegar esta colección a túa conta de Pearltrees.

imaxe
Agardamos que sexa de gran utilidade e podas facer uso de todos deles, se coñeces algún repositorio interesante compárteo con nós nas redes sociais citando aos nsoso perfís sociais, podes empregar a etiqueta #CAFI_AulaNova.
Feliz Impresión!