Visita e planifica o teu proxecto na Aula Nova

21. Xaneiro 2019 Sen categorizar

A Aula nova está pensada para todo o profesorado que queira experimentar con linguaxes de programación (Arduino, Scratch…), robótica, impresión 3D, electrónica básica, kits de mecanismos e montaxes, simuladores de procesos, cortadora láser, máquina de control numérico (cnc), edición fotográfica, de son e de vídeo, animación, traballo con dispositivos móbiles, aplicacións educativas, drons, realidade virtual, creación de material diverso para a aula…

Seguro que todos estes termos e conceptos non son novos e xa os oíches ou os puxeches en práctica nalgún momento. Se xa tes competencia tecnolóxica e dixital e tes en mente un proxecto moi claro e definido que queres levar adiante e precisas dun espazo e material para rematalo a Aula nova estate esperando.

Pero se es alguén que quere experimentar por primeira vez calquera destas novidades tecnolóxicas ou metodolóxicas e non tes ningunha experiencia previa a Aula nova tamén é o teu lugar. Ti tamén te podes iniciar, con apoio e guía, nestes ámbitos. Aquí contarás co apoio técnico e humano para te asesorar, para te guiar no proceso de aprendizaxe.

Etiquetas