Aquelando volve a Aula Nova

O equipo de rodaxe de Aquelando volverá ao CAFI para gravar novos capítulos deste programa divulgativo científico que emite a RTVG. Nesta ligazón podedes ver un dos capítulos que se gravou parcialmente no CAFI e que se emitiu o 20 de xullo de 2019.

Fluídos non newtonianos, o Oobleck. Neste capítulo Patricia Barciela guíanos polo descoñecido mundo dos fluídos non newtonianos que se volven sólidos cando os sometemos a unha presión recuperando o seu estado líquido en canto a presión desaparece. Minuto 7:56 ao 10:18

 

Experimento
Patricia Barciela cos seus axudantes

 

Cociña molecular, aquí Patricia Barciela acompañada dos seus axudantes explorarán o mundo das esferificacións moleculares coñecidas como caviar de melón. Minuto 15:22 ao 18:35

 

Experimento
Facendo esferificacións

 

As nubes, no que José Viñas entrevista a Holli Kohl da Nasa. Minuto 19:22 ao 21:45

Grupo de xente
Todo o equipo de rodaxe ao rematar o traballo