Xornadas Tecnoloxía e creación maker

Unha das mellores maneiras de embeber a cultura  maker nas nosas aulas é ter referentes próximos ou afastados que poidan servir de estímulo ou de espello onde mirarnos para reproducir ou inspirarnos novas iniciativas ligadas a tendencias actuais na tecnoloxía.

Estas xornadas nacen con afán divulgador para servir de escaparate do traballo desenvolvido por mulleres que son referentes nos campos tecnolóxicos españois, por iso abarcan áreas tan dispares pero complementarias como  a electrónica dos e- téxtiles, a robótica asistencial, a intelixencia artificial e a creación dixital a través da práctica artística. desenvolveronse todo os venres do mes de abril en formato virtual empregando a videoconferencia con Cisco Webex, as preguntas eran recollidas e moderadas dende un Padlet.

Nelas convidamos a 4 protagonistas para que nos relaten os seus avances nestes campos, as súas ideas no futuro e as súas experiencias tecnolóxicas pensando en adaptalas e levalas a un terreo próximo.

A continuación deixámosvos as charlas dispoñibles na cale de Youtube para a súa consulta, está é a playlist da formación.

Esperamos que esta iniciativa contribúa a esa expansión dos proxectos híbridos entre materias e ao desenvolvemento de incursións educativas en novos campos.

Aprendiendo electrónica dende cero mediante os E-téxtiles. Relatora: Nuria Robles Miguélez

Robótica: Aplicacións e retos. Relatora: Concha Monje Micharet

Intelixencia artificial: Futuro ou realidade. Relatora: Nerea Luis Mingueza

Ferramentas de fabricación dixital na práctica artística. Relatora: María Castellanos Vicente

Etiquetas

,