Quen busca, atopa modelos 3D.

Unha vez que inicias o camiño na impresión 3D queres sacarlle máis partido a túa impresora 3D, a do teu centro ou espazo creativo.

Cando comezamos na impresión podemos quedar atónitos horas e horas vendo como a máquina extrúe o filamento, seguramente lembras a túa primera impresión e a emoción de comprobar como aquel churriño saía pola boquiña da máquina e formaba as primeiras capas. E logo, de modo paseniño, capa a capa, milímetro a milímetro, vai dando forma as nosas primeiras creacións.

Normalmente facemos uso de modelos xa creados por varios motivos:

  • O primeiro é que é maís sinxelo achegarse ao mundo da impresión con modelos xa testeados e probados, ao mellor temos que escalalos ou facer pequenas modificacións pero é ben dodado ter unha boa peza.

  • Estes modelos tamén sirven para ir coñecendo pouco a pouco as características técnicas da nosa impresora e ir modificando os parámetros do laminado para optimizar os tempos de impresión e as calidades das pezas.

  • Outra boa cualidade destes modelos é que os seus creadores compártenos de balde coa comunidade interesada é que permiten a súa modificación para engadir transformacións e convertelos noutros novos modelos.

Para ter un “bo fondo de armario” recollimos os mellores repositorios de modelos 3D para impresión 3D neste recopilatorio dixital. Preme na imaxe e logo preme en cada un deles para exploralos, tamén podes achegar esta colección a túa conta de Pearltrees, unha gran ferramenta dixital para ter as túas ligazóns ben organizadas e sempre a man.

                                             Recopilatorio de modelos 3D (Preme na imaxe)

 

Agardamos que sexa de gran utilidade e poidas facer uso de todos deles, se coñeces algún repositorio interesante compárteo con nós nas redes sociais citando aos nosos perfís, podes empregar a etiqueta #CAFI_AulaNova.

Feliz impresión!