O IES Poeta Díaz Castro e a súa biodiversidade

Desde o pasado mes de novembro, o alumnado de 1º de ESO do IES está a traballar cos insectos da zona… o propósito é engadir á zona do invernadoiro construído un hotel de insectos.
Este proxecto, que nacía como unha iniciativa única, deu en medrar e converteuse nunha cadea de hoteis de insectos, con sede en diferentes países da Unión Europea… velaí o motivo de estarmos neste noso foro de Educación Patrimonial a través de eTwinning.
Polo de agora… varios socios estamos a presentar alumnado e profesorado, posibles logos do proxecto e un novo TwinSpace que serve, tamén, para aprender n-etiqueta.
Deixámosvos, neste momento, algúns dos encontros co “bicherío”…