Blog do IES da Pobra do Caramiñal

Nesta ligazón poderedes acceder ao Blog no que se recollen as distintas actividades realizadas no Plan Proxecta de Educación Patrimonial, na súa modalidade de Memoria da Industria, Memoria do mar, con título Herdeir@s do mar, no IES da Pobra do Caramiñal.

III XORNADAS DE EDUCACIÓN PATRIMONIAL DE GALICIA

30. Setembro 2019
O sábado 28 de setembro clausuráronse as III Xornadas de Educación Patrimonial de Galicia que este ano se celebraron na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela durante os días 20, 21, 27  e 28 de setembro. As Xornadas foron promovidas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura ...