Raquel Queizás abríu a maleta da avoa no noso concello para amosarlles aos nenos e nenas os pequenos tesouros que leva nela. Contos da avoa con trasnos rebulideiros, mouras, bonecas con carozos…. Contos e lendas tradicionais galegas para conmemorar o Día das Bibliotecas.
O pasado 25 de outubro tivemos en Riotorto ao Mago Teto co seu espectáculo: “a maxia dos contos”.
Foi unha actuación con gran variedade de trucos de maxia que deixou abraiados a nenos e adultos, estivo moi entretido, divertido e moi dinamico xa que o Mago Teto sacaba xente do público para participar.
Rematamos as contadas dos Sábados de Conto no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira con “Ler Conta Moito 2023″. Non acompañou moito para a despedida este outono de temporal en temporal, pero contra as suradas, que mellor cousa que ler un libro na caloriña da casa.
Migallas Teatro cos seus”Cinco ratiños” deixáronnos preciosas historias que contar e compartir ao longo dos meses máis fríos que veñen aí.
Unha aperta moi grande!
Boas lecturas e bo inverno para toda a familia!
Espectacular a actuación de tradicción oral, contos e xogos, que mantivo os pequenos atentos e interesados¡¡¡¡
En “contos … entre cordas” os rapaces disfrutaron dunha actividade moi entretida, poideron achegarse a música clásica dunha maneira diferente, a través de contos, música e a impresionante arpa.
Nenos e nenas de Primaria do CEIP Xosé Luis Taboada de A Barrela fixeron por un día de pequenos científicos. A través desta actividade poideron ver as células que compoñen un pelo, un tomate, unha cebola, etc. Un obradoiro que lle encantou e do que aprenderon moito!!!
O martes día 24 de outubro, para celebrar o Día das bibliotecas, tivemos a sorte de contar coa presenza do escritor R. J. Peralta e a ilustradora Blanca Millán.
Contaron e cantaron algunas das historias dos seus libros como “Acouga Babau” e “As fillas de Manola”.
Tarde moi divertida e amena.
Afartámonos de rir cos gustos textís da sua Maxestadade…
Séguenos