Paco Nogueiras na B.P.M de Mondariz Balneario

No día de onte veu visitarnos Paco Nogueiras para presentarnos “Son animal”, un espectáculo onde os animais e os seus sons foron os protagonistas das divertidímas cancións que bailaron grandes e cativos.
O público bailou, cantou, saltou e, como non…bruou, piou e imitou a todos os animais que canción tras canción saían deste libro disco que Paco Nogueiras presentou na vila.

Unha actividade moi divertida e recomendable para todas as idades, na que o público participa activamente e desexa repetir.















.


Séguenos