Contacontos de Libros contentos na Biblioteca de Ribadavia
Os nenos de 1º e 2º de Primaria do CEIP Tomás de Lemos de Ribadavia asistiron para celebrar o Dia do Libro a unha sesión de contacontos titulada “Contacontos de libros contentos” que Carmen Domech de Títeres Cachirulo levou a cabo no escenario do Auditorio da Casa da Cultura, xa que na sala infantil da Biblioteca non cabían, dentro do programa Ler conta moito e para conmemorar o Dia do Libro. Ao rematar a actividade fixemos un sorteo de libros e camisetas merchandising do María Moliner. Os nenos pasárono de maravilla cos seus contos, dalgúns libros saía lume, doutros auga e incluso había algún parlanchín.
Previamente a asistir ao contacontos visitaron a exposición da Biblioteca que neste mes de abril adicou a coñecer a colección local de Ribadavia. Alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º asistiron ademais a unha proxeción audiovisual sobre historia e arte de Ribadavia. Estas son algunhas fotos: