DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR
Para celebrar o día do Libro, 23 de abril, a biblioteca recibiu unha actividade cargada de humor, interacción e diversión, da man da compañía SEIS DEDOS e a súa actuación “VARIETES”
Os cativos que acudiron á biblioteca pasaron un rato moi divertido, vendo pasar diante deles diferentes personaxes como unha cabra que tiña medo, unha médium que quería adiviñar, un trapecista, unha cupletista …
Foi un espectáculo dirixido a cativos do que os maiores tamén desfrutaron a esgalla.