12/06/2013
O 23 de abril celebouse o “Día Mundial do Libro” co obxectivo de promover a lectura e a industria editorial.
Para conmemorar esta data, a Biblioteca Pública Municipal do Grove acolleu un espectáculo de monicreques subvencionado polo Programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.
Alicia no País das Marabillas a cargo de Titeres Cachirulo
A Biblioteca Pública Municipal do Grove celebrou o Día do Libro na tarde do 23 de abril, cunha representación de “Alicia no País das Marabillas” a cargo da compañía Títeres Cachirulo. Fantástica recreación para marionetas do espectáculo baseada no relato de Lewis Carroll Alice’s Adventures in Wonderland.
Conducidos polo Coello Branco, seguimos con expectación as aventuras da pequena Alicia nese mundo onírico e fantástico que late debaixo da terra. Alí merendamos coa Lebre de Marzo, o Sombreireiro Louco e o Leirón. Xogamos ao cricket coa Raíña de Corazóns e… coidado Alicia! estás a medrar de novo e caeremos todos polo chan!
Os nenos e nenas do Grove, acompañados de numerosos maiores, tiveron a oportunidade de asistir a este entretido espectáculo e pasárono en grande coas aventuras de Alicia e o coello branco nunha tarde amena e divertida. Ao rematar a actividade, os asistentes amosaron a súa satisfacción co desenvolvemento espectáculo, ademais de amosar o seu interese polas actividades programadas para os vindeiros días.
Séguenos