Abrapalabra na Biblioteca “Ánxel Fole” de San Pedro de Nós (Oleiros)
O venres 4 de outubro, ás 18’30 horas, desenvolveuse na Bibliteca de Nós unha das actividades do programa Ler conta moito.
Titulada “Abrapalabra”, a sesión consistiu nun espectáculo de maxia no que o mago Carlos Coira fixo alarde da súa maestría cos truco de maxia que deixaron aos asistentes, tanto rapaces como adultos, coas bocas abertas máis dunha vez.
A complicidade creada entre o público e o mago propiciou que a xornada resultase do máis amena e divertida.
64 persoas, das que 36 eran rapaces (15 nenos e 21 nenas) e 28 adultos (11 pais e 17 nais) disfrutaron desta sesión que axudou a dar a coñecer os libros de maxia existentes na biblioteca e facilitou o seu préstamo.