“Instantáneas de plastilina” na B.P.M. de Mera (Oleiros)
O venres, 4 de outubro, tivo lugar na biblioteca de Mera (Oleiros) o obradoiro “Instantáneas de Plastilina” a cargo da escritora e ilustradora María Noel Toledo.
Despois de recibir unhas indicacións de como traballar a plastilina os rapaces organizáronse en grupos e comezaron a crear. Cada grupo fixo o seu fantástico mundo de plastilina enmarcado nun escenario de cartulinas e papeis de cores.
O resultado foi unha explosión de cor e imaxinación da que vos deixamos unha mostra.