Bebecontos de Choupiña e Trasnón: Contamos cos sentidos, na BIBLIOTECA MUNICIPAL OS TEMPLARIOS de Cambre
Choupiña e Trasnón reciben na biblioteca, cantando unha nana, a nenas e nenos e tamén a papás, mamás, avoas… Transmitindo un ambiente de tranquilidade para que todos estes pequenos de 0 a 3 anos non se asusten e collan confianza.
Choupiña e Trasnón, a medida que avanza a sesión vanse transformando para contar cos sentidos. Aparece Mariquiña a carteira que vai visitando a unha serie de personaxes, “abrindo portas” para ver á Vaca Paca, ao Can de Palleiro Patoso, a Chiño o Golfiño, a Cucho O Porco Celta…
Vaise logrando unha participación de pequenos e adultos e todos xuntos disfrutan tocando e tocándose, ulindo, escoitando…
Excelente actividade para gozar cos nosos fillos ou netos. De maneira circular, remata tamén dunha maneira tranquila, recitando un poema con música de fondo.