“O recuncho dos contos” na axencia de lectura de Areas
O 25 de abril para celebrar “o día do libro” celebramos unha sesión de contacontos coa actuación do grupo Pinga Teatro. Os artistas conseguiron captar a atención do público tanto dos maís cativos como dos maiores acompañantes. A sesión foi axil, divertida e amena.
Os nenos escoitaron abraidos os dous contos que contou a contacontos, participaron no espectáculo e convertironse en colaboradores cómplices e necesarios.