As aventuras de Quebranoces en Abegondo
O pasado 24 de abril en Abegondo, co agallo da celebración do Día Internacional do Libro, ademais de repartir exemplares entre os veciños que visitaron as nosas bibliotecas tivemos unha actuación de luxo: As Aventuras de Quebranoces. Os pequenos e pequenas descubriron toda unha viaxe polo mundo da música, acompañada de música en directo, proxección de diapositivas e títeres. Ao remate, os nenos e as nenas despediron a actuación bailando un precioso vals. Gustounos moito e queremos repetir!!