26 de Setembro de 2014
O día 25 de setembro estivo na Axencia de Lectura da Capela Raquel Queizás , co seu espectáculo ” A Orixe” . Os nenos, pasaron unha tarde divertida da man dunha exploradora que contaba lendas de países pasando da India a China a través da música e de contos.