Lisístrata na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo.
O pasado xoves día 2 de outubro visitou a nosa biblioteca Lisístrata.
Nunha sala infantil chea de rapazada de 4 a 10 anos e algún pai ou nai que se nos colou nesta festa do conto infantil, Lisístrata aproximounos a contos sobre a igualdade. Foi un ratiño moi agradable no que a contadora de historias fixo que os asistentes desfrutasen e, de paso, adquirisen valores de respeto e convivencia.
Alongouse a preto dunha hora, pero polo entusiasmo demostrado pola rapazada foi moi divertido.