ELEFANTE ELEGANTE CON LOBO BOBO NA BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL
Branca de Neve ten un problema cada vez que se mira no espello, e que se ve reflexada nos tres porquiños. E Carrapuchiña xa non ten que temer ao lobo feroz porque agora é vexetariano.
Elefante elegante crea novas historias mesturando os contos de sempre, e danos moita risa mentres a casa da avoa vaise construíndo diante dos nosos ollos a medida que se narran as novas aventuras dos personaxes de sempre .