Cambados celebrou por todo o alto o día das bibliotecas!
O pasado venres 24 de outubro, a axencia de lectura de Corvillón foi a encargada de organizar a celebración do Día das Bibliotecas en Cambados. Comezamos ás 18.30 no Auditorio Municipal da Xuventude coa lectura do pregón en homenaxe póstuma á Ana María Matute, que leron tres rapaces devora-libros, á vez que no resto de España se estaba a ler igualmente noutras bibliotecas e auditorios. A continuación fixemos entrega duns lotes de libros aos 9 socios das bibliotecas que máis leron n0 que vai de ano e como colofón deste día contamos co Kukas que encheou o auditorio de sorrisos coas aventuras e desventuras de Xan Perillán e a súa maleta máxica.
Asistirón unhas 250 persoas que quixeron compartir connosco o seu amor polas bibliotecas e os libros… sen dúbida foi todo un éxito. Esta foi a última das actividades que puidemos realizar grazas ao programa Ler conta moito da Xunta de Galicia. O balance de todos os espectáculos realizados non pode ser mellor, polo que aproveitamos este post para agradecer estas iniciativas que tanto axudan a facer das bibliotecas espazos vivos cheos de cultura.