CELEBRACIÓN DO DÍA DA POESÍA NA BIBLIOTECA DE QUIROGA CON MÚSICA E MAXIA
Na Biblioteca Municipal de Quiroga empezamos a desenvolver o Programa “Ler Conta Moito” coa celebración do Día da Poesía o pasado sábado día 21. A actividade escollida foi “Máxicos Sons, Unha aventura entre libros” a cargo de Álvaro Muras e Martín Camiña.
Resultou unha actividade moi atractiva para o público asistente ,que superou as 50 persoas. Aínda que estaba pensada para nenos e nenas, os adultos acompañantes disfrutaron moito por ser un espectáculo entretido, dinámico e participativo.
Ao deseño da actividade para fomentar a lectura e tamén de dinamizar as Bibliotecas hai que engadir a profesionalidade de Álvaro e Martín.