“CONTOS DE MARMELEIRO, ANÍS E LIMÓN” NA B.P.M. DE VILAGARCÍA DE AROUSA
Con motivo da celebración do “Día Internacional do Libro” levouse a cabo, na biblioteca, unha sesión de contacontos, a cargo de Marisa Irimia, animadora, ilustradora e narradora, que cautivou ós nenos e nenas asistentes.
Marisa, axudada por monicreques, bonecos e cancións centrou a atención dos máis pequenos, facendo as ledicias do público asistente.