Nas Letras Galegas…Conto Contigo en Oubiña!
O pasado luns 11 de maio, comezamos na ALM de Oubiña a celebración das Letras Galegas 2015 nos centros culturais do municipio de Cambados.
Grazas ao programa da Xunta de Galicia, Ler conta Moito, puidemos gozar do bo facer de Expresións Producións e o seu espéctaculo de animación á lectura “Conto Contigo” que inclúe contacontos, títeres e maxia… resultou moi divertido!