Chegaron os titeres á Axencia de lectura de Guillade da man de Viravolta titeres
O martes 12 de maio na axencia de lectura de Guillade contamos con Anxo de Viravolta Titeres para aprender a realizar os nosos primeiros monicreques usando a técnica da papiroflexia e empregando folios de cores variadas.
Cada neno elaborou o seu monicreque e deixou voar a súa imaxinación a hora de decorar cada titere. Para rematar fixeron unha pequena representación e as risas encheron o local da Axencia de Lectura.