LIBROS EN-CANTADOS CON MAGÍN BLANCO NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE A RÚA
O día 22 de Maio tivemos na Biblioteca Pública Municipal , os “Libros en-cantados”, da man de MAGÍN BLANCO, actividade moi divertida, na que tomaron parte 54 alumnos do Colexio Pablo VI-Fátima da localidade, con idades que ían dende os 3 anos ata os 8. MAGÍN BLANCO na compaña da sua guitarra fixo un repaso polas cancións que aparecen nos seus libros. Interactuou cos nenos con cancións dos planetas, abecedarios, cancións en inglés e italiano, poema a Rosalía pequeniña, adeviñas , dando pequenos agasallos os nenos que deron as respostas acertadas as suas preguntas e tamén a mais curiosa. Un neno levou como agasallo un libro. Pasárono estupendamente.