CONTACONTOS DE LIBROS CONTENTOS, DE CARMEN DOMECH NA BPM DO GRILO (TEO)
Tivemos o pracer de acoller nunha Mediateca chea de maiores e pequenos a Carmen Domech, que veu acompañada dos seus contos dos que se pode agardar calquera cousa: contos que escupen auga ou lume, contos que falan, contos que perderon ás letras… pero sobretodo desfrutaron do pracer de escoitar e viaxar da man das historias que habitan nos contos.