Obradoiro de Manga no Parque de Torrado
O pasado venres 24 de xullo o Concello de Cambados a través do programa da Xunta de Galicia Ler conta moito, levou a cabo no Parque de Torrado un obradoiro de debuxo Manga a través de Gochi, quen hai uns 10 anos sacou o seu primeiro número do fanzine Cerditos de Guinea, participando nos concursos estatais de cómic onde acadou 30 premios (os dos últimos gañados no 2014). Pero foi tras mandar unhas mostras á dirección artística da xa desaparecida revista infantil Golfiño, cando conseguiu publicar profesionalmente para ela debuxando as tiras de Trasmallo, adestrador de Piratas, das que tamén publicou dous álbums monográficos, a Santa Compaña e O tesouro de Carraxe.
Estas publicacións cristalizaron na creación da editorial Cerditos de Guinea Cómics onde se adican a publicar obras en galego, contando con títulos como Gárgolas, Os cinco loitadores, Spirou e Fantasio, Superlópez ou Sam e Twitch.
Esta é a segunda vez que visitou o municipio cun obradoiro, que contou coa asistencia de 13 rapaces e rapazas a partir de 10 anos. O temario do obradoiro de 2 horas aproximadamente baseouse nos pasos básicos e conceptos principais do estilo de BD xaponés coñecido como MANGA, o deseño de personaxes e elaboracion de bosquexo, guión e páxina de BD, así como dos materiais específicos e técnicas orixinais usadas polos profesionais xaponeses.
As prazas estaban esgotadas dende xuño.