MAXIA COMICA CON LEO LEIÑO NA AXENCIA DE LECTURA DE XINZO (PONTEAREAS)
Despois da estupenda acollida que tivo a maga Leo Leíño na nosa biblioteca o ano pasado, por aclamación popular, volvemos a contar con ela este ano. E non defraudou.
O pasado xoves 8 de outubro ás 6 da tarde visitounos co seu ratiño, tivemos unha boa afluencia de público e os nenos pasáronno moi ben
Tódolos nenos querían subir ao escenario para facer de axudantes de mago. Ao final moitos dos os nenos subiron ao escenario para sacarse unha foto con Leo Leíño