CONTOS DENDE A SAUDADE CONTADOS POR MARISA IRIMIA NA BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL
Contos recollidos aquí e alá, contos escoitados dende nena nas sobremesas da casa dos avós, contos de animais e e contos de tema marabilloso, desenredados dende a saudade de Ramón Piñeiro; unha boa representación do xeito que ten a nosa xente de ver o mundo.
A pesar das idades dos máis pequenos, a atención e participación de todos eles durante os dous contos foi moi intensa. Todos estaban moi interesados nestes contos dende a saúdade.
Para saber máis sobre este evento, premer aquí.