O TRAXE NOVO DO REI DE TARABELOS TEATRO NA ALM DE OS TILOS
Este sábado 24 de outobro, na ALM de Os Tilos celebramos o Días das Bibliotecas desfrutando dun clásico como “O traxe novo do rei” a cargo de Tarabelos Teatro. Apoiado por monicreques, a xente grande e pequena que abarrotou a biblioteca pasouno en grande con esta divertida adaptación. Dende logo, non poderiamos pensar en mellor maneira de celebrar un día tan sinalado.