A ciencia é…
moi, moi divertida, con Ana Romero “Nita”
Da man da contadora Nita (Ana Romero), os rapaces escoitaron contos e fixeron experimentos.
moi, moi divertida, con Ana Romero “Nita”
Ó fin chegaron as actividades de “Ler conta moito” ó Centro Sociocultural de Conxo. Non foi sen tempo¡ como di o conto.
Pero chegaron ó grande; con un espectáculo divertido e con aire de festa que fixo gozar ás corenta nenos e maiores que se achegaron á Biblioteca. Os artistas fixeron rir, bailar e traballar¡ ós pequenos asistentes. Esperamos que despois desta actividade os nenos van ir máis á biblioteca a gozar dos libros que lles lembren os bos momentos que pasaron.
O xoves 1 de outubro, pola tarde, 65 nenos e nenas e 20 pais e nais asistiron as “Aventuras na cociña” da ratiña Lili Gruyere. Contounos uns contos estupendos e, ao remate da sesión, invitounos a os seus postres saudables a base de froitas e verduras que fixeron a delicia de todos os asistentes.
O mércores, 30 de setembro como ven sendo habitual nesta biblioteca tivemos a primeira actividade no inicio deste novo curso, desta vez optouse por un obradoiro de marionetas de papel a cargo de Viravolta Títeres, dentro do Programa Ler conta moito. Actividade dirixida por Anxo García que con verdadeira calma e templanza foi conseguindo que cada nena/o realizara os pasos a seguir (doblar, recortar, pegar, etc..) de xeito que o resultado final fóra unha estupenda marioneta de papel.
O primeiro paso foi o recoñecemento da utilidade do papel, na construcción dos libros para pasar a outras utilidades no campo da papiroflexia, realizando con habilidade a súa primeira figura de papel, un “comecocos” que resultou a cabeza da futura marioneta, agora só fixo falta engadirlle ollos, cellas, pernas, brazos, etc.. para conseguir un “feitiño” boneco de papel.
Un obradoiro moi completo, ben conseguido e ben dirixido.
O alcalde da Veiga coincidindo coa obra do programa ler conta moito fai unha visita os nenos e nenas da Veiga participando coma un máis da obra.
O día 29 de setembro compartimos unha hora entrañable cos contos populares de Ana Manana, O Papón e outros da man dunha excelente profesional. Os papás lembrando a súa nenez e os nenos escoitando, participando e rindo.
A sesión tivo moi boa acollida por todo o público.
Séguenos