A ciencia é divertida en Cambados!
Na mañá do luns 4 de xullo, as bibliotecas de Cambados inauguraron a tempada de verán cunha divertida actividade de achegamento á ciencia para os máis pequenos da casa.
Grazas a Ler conta Moito e Ana Romero, que nos trouxo ao centro Exposalnés unha manchea de divertidos contacontos que enlazaban interesantes experimentos con cousas tan cotiás como a auga, o aceite, o bicarbonato sódico, luces de neón… pasamos unha entretida mañá tal que como amosan as imaxes…