O Xigante de Elefante Elegante na Biblioteca da Silva (Cerceda)
Para conmemorar o Día das Bibliotecas, a nosa Biblioteca municipal da Silva – Cerceda- acolleu ao Xigante de Elefante Elegante.
Para conmemorar o Día das Bibliotecas, a nosa Biblioteca municipal da Silva – Cerceda- acolleu ao Xigante de Elefante Elegante.
Contos revoltos de amor e de medo para nenas e nenos, mamás e papás na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés.
Fátima entusiasmou a pequenos e grandes coa boa narrativa das súas historias. En conxunto a actividade foi valorada bastante interesante polos adultos que participaron. Visitade BLOGGIT o noso blog da sala infantil-xuvenil
O pasado luns, 24 de outubro tivo lugar na Axencia de Lectura Municipal de Ribadetea a actividade “Un outro mundo por descubrir; as viaxes de Irene“ actuación de Solidariedade Internacional de Galicia. Esta actividade foi realizada coa conmemoración coincidindo o día da Biblioteca.
Foi unha sesión didáctica sobre outros países, os seus costumes, alimentación, música, baile, a flora e a fauna etc…unha actuación na que ademais de escoitar contos puideron sentir os aromas das especias orientais e mesmo tocar area do deserto, etc.
Coñecendo a Joan Miró e ao Surrealismo, pero tamén achegándose ás historias clásicas de Andersen, os cativos e cativas que participaron onte nesta actividade non esquecerán esta tarde tan divertida.
Grazas a Tarabelos pola súa magnífica proposta literaria e artística para a rapazada de Chapela.
E, por suposto, unha boa actividade artística, anima aos lectores a achegarse aos libros de arte. Aquí volos presenta a biblioteca!
VER MÁIS NO NOSO BLOG:http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2016/10/a-biblioteca-de-chapela-celebra-con.html
Cantamos un conto na biblioteca
O pasado día 25 tivemos o pracer de contar con Luis Vallecillo para celebrar o día da biblioteca.
A actividade que levou a cabo resultou moi atractiva para os cativos, xa que á través da música provocou nos nenos, así coma nos pais, diversas emocións e sensacións que lles fixeron pasar una tarde moi agradable.
A tarde do xoves 27 os rapaces e rapazas danzaron e cantaron o son da música coas historias de Xarope Tulú. Unha forma diferente de contar os contos que animou aos asistentes para participar e pasar unha tarde divertida.
O pasado venres 21 de outubro con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, cativ@s e maiores desfrutaron dun espectáculo de maxia, mesturado esquisitamente coa dramatazición e a música, da man sempre tan profesional de Leo Leíño.
O pasado martes día 25 de outubro puidemos contamos coa presencia de Marisa Irimia quen nos fixo pasar un serán divertido cos seus “contos de marmeleiro, anís e limón”.
Un contacontos animado con bonecos que conseguiu que os máis novos e non tan novos risen e participaran na velada.
O xoves 27 pola tarde a biblioteca converteuse nun mini laboratorio infantil, moitos nenos e nenas descubriron que a ciencia está máis presente nas súas vidas do que eles pensaban, mesmo pensaban que os experimentos que estaban a ver eran trucos de maxia. Pasaron unha tarde divertida e diferente que espertou a súa curiosidade.
O día 25 de outubro, Nita presentou a “CIENCIA DIVERTIDA” na Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal” de Arteixo, facendo misturas con cousas caseiras contando coa participación entusiasta dos nenos que disfrutaron descubrindo a ciencia e os relatos.
Séguenos