Océano para terrícolas / Xurxo Souto
O día 19 de outubro na Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña, Xurxo Souto, a partir do seu libro “Contos do Mar de Irlanda” achegounos ao mar, ás súas historias e ás súas cancións. Contou coa colaboración de Teresa Ramiro que declamou un poema de seu, e con algunhas testemuñas das anécdotas coas que nos deleitou. Todos os terrícolas, que alí estabamos, puidemos gozar e aplaudir o seu interesante e divertido océano.