Manoele de Felisa na Biblioteca Pública de Meis
O cantautor galego Manoele de Felisa, acompañounos o pasado mércores na nosa Biblioteca para celebrar o DÍA DA POESÍA, tarde na que nos ofreceu coas súas interpretacións musicais unha actividade lúdica que acadou a atención tanto de cativos e cativas como dos maiores, facendo unha sesión moi participativa, atractiva e entretida. Entre aclamos e aplausos pechouse a actividade. Para concluir asinou cunha dedicatoria a publicación do conto “Canta a lúa coas estrelas” como agasallo para a Biblioteca.