En BIBLIOPAZOS celebramos o DÍA DO TEATRO con “As historias do Kamishibai”
O pasado Luns día 27 de Marzo celebramos en BiblioPazos o DÍA MUNDIAL DO TEATRO coa estupenda actuación de Juste Kamishibai, papel e teatro co seu espectáculo “As historias do Kamishibai”.
Estiveron con nos nesta celebración os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos gozando do espectáculo cos contos e lendas do mundo e con interesantes historias que pretenderon inculcar nos nenos/as valores en favor do coidado da natureza, da Terra e dos seres humanos.
En definitiva, un estupendo luns de teatro no que os alumnos/as puideron gozar e participar das historias narradas por Juan Juste mediante as técnicas de teatro de papel tradicional xaponés (kamishibai), da técnica de teatro lumínico tradicional xaponés a partir de pergaminos ilustrados coñecida como emaki,e dun teatro despregable pop-up que fixo manter a atención dos asistentes en todo momento.